Acceder a contenido central

REBIUN - ODA

Detalle del título

Descripción del título

cover Nacionalismo galego aquén e...
Nacionalismo galego aquén e alén mar : desarticulación, resistencia e rearticulación (1936-1975)
Laiovento 2015

Con esta obra o profesor Uxío-Breogán Diéguez Cequiel realiza unha fonda incursión na historia do nacionalismo galego. Apresenta unha monografía na que, por vez primeira, obtemos unha detallada panorámica desta realidade entre o plebiscito autonomista de xuño do 1936, diante da II República, e a eclosión do movemento nacional-popular galego na primavera do ano 1975, no final da ditadura franquista. Unha viaxe que parte dun tempo presidido no campo nacionalista polo Partido Galeguista (PG), fundado en decembro do 1931, para rematar coa creación da Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), da que se cumpren corenta anos. Entre ambos fitos cronolóxicos e organizativos, este libro percorre os camiños que o nacionalismo galego transitou, aquén e alén mar, desde a súa desarticulación após o Golpe militar de 1936 e o longo exilio. Un exilio que de xeito sobranceiro tería como máximo expoñente ao deputado Daniel Rodríguez Castelao. Quen xunto outras fi guras, caso do destacado Antón Alonso Ríos, erguería un tecido patriótico alén mar do que sería exemplo a Irmandade Galega (1941) e o Consello de Galiza (1944), sorte de goberno galego no exilio.Tempo de resistencia no que na Galiza se ensaiaría un novo galeguismo, cimentado desde 1939 e no que a lingua e cultura propias serían o seu epicentro. Un resistencialismo cultural que non sería acompañado por proclamas soberanistas, a diferenza daquel exilio e tempo republicano. Realidade diante da que desde alén mar se contribuiría decisivamente á reorganización nacionalista na Terra, dando lugar ao efémero Consello da Mocedade no 1963 e un novo tempo de rearticulación patriótica galega

Monografía

Más detalles del título

Cambiar el formato de visualización

Más detalles

Título:
Nacionalismo galego aquén e alén mar : desarticulación, resistencia e rearticulación (1936-1975) / Uxio-Breogán Diéguez Cequiel
Editorial:
Santiago de Compostela : Laiovento, 2015
Descripción física:
450 p.
Mención de serie:
Ensaio ; 319
Bibliografía:
Incluye bibliografía (p. 421-445) e índice
ISBN:
9788484872771
Materia:
Punto acceso adicional serie-Título:
Ensaio (Laiovento) ; 319

Préstamo interbibliotecario

Seleccione el centro al que pertenece para solicitar la petición de préstamo de este documento.

Filtrar listado de centros

No hay coincidencias

Relacionados

Misma Editorial y Colección