Acceder a contenido central

REBIUN - ODA

Detalle del título

Descripción del título

cover Mulleres do silencio : de M...
Mulleres do silencio : de Maruja Mallo a Ángela de la Cruz : [exposición], [MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, 14 de outubro de 2016 - 16 de abril de 2017]
Deputación Provincial [2019]

Este proxecto presenta unha revisión ou relectura actualizada da exposición A arte inexistente —comisariada por Rosario Sarmiento para o Auditorio de Galicia en 1995—, que reunía obras de artistas mulleres en Galicia no século XX. Daquela, o binomio existencia/inexistencia formulábase en relación coa posibilidade de acceso a unha formación académica como vía de profesionalización, con Maruja Mallo e Julia Minguillón como as primeiras artistas en iniciar este camiño. Vinte anos máis tarde, cando a posibilidade dunha formación profesional representa un feito indiscutible, a realidade segue a ser complexa, e esta evolución non ten descorrido en paralelo coa presenza e visibilidade das mulleres no entretecido artístico. Dende a perspectiva do tempo transcorrido, situámonos no espazo histórico-temporal das primeiras décadas do século XXI, o que permite visualizar relatos, protagonismos e visións máis amplas sobre as achegas e o papel dalgunhas artistas na historia da creación plástica da Galicia contemporánea. A exposición percorre diferentes xeracións de artistas ata chegar a aquelas creadoras que acceden por primeira vez en Galicia a unha formación académica, tras a creación da Facultade de Belas Artes de Pontevedra en 1990. Desde o punto de vista estrutural, a exposición formúlase en catro ámbitos onde se procura analizar e afondar nos contextos nos que estas artistas traballaron, facendo fincapé en cuestións como o seu escaso protagonismo nos movementos de vangarda anteriores á Guerra Civil, a posguerra e a obrigada emigración cara a outros centros artísticos fóra de Galicia, a chegada da democracia, e os novos escenarios culturais e formativos nos que traballan aquelas artistas cuxas traxectorias comezan a desenvolverse nos inicios do século XXI. A mostra reúne preto dun centenar de obras procedentes dun gran número de prestadores —institucións, museos, centros de arte, e coleccións particulares—, que por vez primeira se exhiben conxuntamente, ademais de documentación complementaria —nalgúns casos inédita— froito da investigación levada a cabo en arquivos e coleccións. Respecto á selección de obras en exposición, tívose moi en conta a relación co contexto histórico e temporal, elixindo pezas representativas de cada período, coa intención de manter e facer visible un fío condutor dende o punto de vista cronolóxico e argumental

Monografía

Más detalles del título

Cambiar el formato de visualización

Más detalles

Título:
Mulleres do silencio : de Maruja Mallo a Ángela de la Cruz : [exposición], [MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, 14 de outubro de 2016 - 16 de abril de 2017] / [comisaria, Rosario Sarmiento ; artistas, Maruja Mallo... (et al.)]
Editorial:
Pontevedra : Deputación Provincial, [2019]
Descripción física:
175 p. : il. cor ; 29 cm
Nota general:
Artistas : Mónica Alonso, Berta Cáccamo, Elena Colmeiro, Mª Carmen Corredoyra y Ruiz de Baro, Mª Antonia Dans, Ángela de la Cruz, Mª Victoria de la Fuente, María Xosé Díaz, Dolores Díaz Baliño, Almudena Fernández Fariña, Mª Elena Fernández-Gago, Menchu Lamas, Maruja Mallo, Fina Mantiñán, Tatiana Medal, Julia Minguillón, Rosalía Pazo Maside, Soledad Penalta, Pamen Pereira, Beatriz Rey, Mercedes Ruibal
Lengua:
Texto en galego e tradución ó español
ISBN:
978-84-8457-488-0
Materia Nombre:
Materia:
Autores:
Entidades:
Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Préstamo interbibliotecario

Seleccione el centro al que pertenece para solicitar la petición de préstamo de este documento.

Filtrar listado de centros

No hay coincidencias