Descripción del título
O acoso defínese, de forma xenérica, como 'unha constelación de comportamentos polo cal unha persoa de forma repetida diríxese a outra impoñéndolle comunicacións e/ou contactos non desexados'. Dos diversos estudos realizados sobre este fenómeno conclúese que entre un 4,5 % e un 23,4 % da poboación mundial foi vítima ao longo da súa vida dunha conduta de acoso. As investigacións tamén puxeron de manifesto a íntima relación existente entre o acoso e a violencia de xénero, especialmente con ocasión da ruptura da relación. Ante a constatación desta realidade, procedeuse a incluír no Convenio de Istambul, do 11 de maio de 2011, o acoso como unha forma de violencia contra a muller que debe ser tipificada polos Estados que o ratifiquen. Por tanto, a súa tipificación é froito das obrigas supranacionais asumidas polo noso país. Trátase, así, de ofrecer unha resposta á realización de condutas insistentes e reiteradas -que en moitas ocasións non podían ser cualificadas como coaccións ou ameazas- por medio das cales se menoscaba a liberdade de obrar da vítima, á que se somete a persecucións ou vixilancias constantes, chamadas reiteradas ou outros actos continuos de acoso que provocan unha grave alteración no desenvolvemento da súa vida cotiá
Monografía
monografia Rebiun31803807 https://catalogo.rebiun.org/rebiun/record/Rebiun31803807 cr ||||||a|a|| 220721s220314 |||||||||||00| 0 spa d 9788419155085 UR0549034 UMA.RE spa Pérez Rivas, Natalia O delito de acoso Natalia Pérez Rivas Santiago de Compostela Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico 2022 Santiago de Compostela Santiago de Compostela Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico Unidades didácticas O acoso defínese, de forma xenérica, como 'unha constelación de comportamentos polo cal unha persoa de forma repetida diríxese a outra impoñéndolle comunicacións e/ou contactos non desexados'. Dos diversos estudos realizados sobre este fenómeno conclúese que entre un 4,5 % e un 23,4 % da poboación mundial foi vítima ao longo da súa vida dunha conduta de acoso. As investigacións tamén puxeron de manifesto a íntima relación existente entre o acoso e a violencia de xénero, especialmente con ocasión da ruptura da relación. Ante a constatación desta realidade, procedeuse a incluír no Convenio de Istambul, do 11 de maio de 2011, o acoso como unha forma de violencia contra a muller que debe ser tipificada polos Estados que o ratifiquen. Por tanto, a súa tipificación é froito das obrigas supranacionais asumidas polo noso país. Trátase, así, de ofrecer unha resposta á realización de condutas insistentes e reiteradas -que en moitas ocasións non podían ser cualificadas como coaccións ou ameazas- por medio das cales se menoscaba a liberdade de obrar da vítima, á que se somete a persecucións ou vixilancias constantes, chamadas reiteradas ou outros actos continuos de acoso que provocan unha grave alteración no desenvolvemento da súa vida cotiá acoso Ciencias Sociais e Xurídicas Ciencias Sociales y Jurídicas delito Social Sciences and Law violencia de xénero vítima Libr-e (Servicio en línea)