Acceder a contenido central

REBIUN - ODA

Detalle del título

Descripción del título

cover Tendencias actuais na xesti...
Tendencias actuais na xestión dos recursos humanos
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico 2022

As organizacións están suxeitas aos constantes cambios que se producen no contexto organizativo, a incertidume, a complexidade, a globalización dos mercados e a presión competitiva, polo que é necesario establecer novas formas de xestión para poder afrontalos adecuadamente. Así, a xestión dos membros da organización pode ser un factor clave na competitividade das empresas e, polo tanto, na súa propia supervivencia ao proporcionar as habilidades, competencias e coñecementos necesarios. Por conseguinte, a xestión estratéxica das persoas da organización constitúe unha actividade imprescindible no ámbito empresarial, cuxo desempeño afecta á eficiencia e eficacia de empresas e organizacións.A materia dirección e xestión de recursos humanos, de carácter obrigatorio, pertence ao segundo curso do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos da Facultade de Relacións Laborais. A súa carga lectiva é de 6 ECTS e impártese no primeiro cuadrimestre. O obxectivo é presentar ao alumnado unha visión ampla sobre a importancia das persoas no ámbito empresarial e reflexionar sobre os coñecementos, as habilidades e as técnicas vencelladas coa súa xestión no contexto organizativo.En particular, esta unidade didáctica céntrase na situación actual da xestión dos membros da organización a través da análise dos diferentes cambios experimentados pola propia organización, a súa contorna e as persoas que traballan nela. Asemade, abórdase a importancia e o valor da xestión estratéxica das persoas. Finalmente, examínanse as diferentes prácticas de recursos humanos en relación ao rendemento organizativo

Ciencias Sociais e Xurídicas Ciencias Sociales y Jurídicas dirección e xestión dos recursos humanos recursos humanos rendemento retos dos recursos humanos Social Sciences and Law tendencias dos recursos humanos

Monografía

Más detalles del título

Cambiar el formato de visualización

Más detalles

Título:
Tendencias actuais na xestión dos recursos humanos / Analía López-Carballeira
Editorial:
Santiago de Compostela : Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2022
Mención de serie:
Unidades didácticas
ISBN:
9788419155054

Préstamo interbibliotecario

Seleccione el centro al que pertenece para solicitar la petición de préstamo de este documento.

Filtrar listado de centros

No hay coincidencias

Relacionados

Mismo Género

Misma Editorial y Colección