Acceder a contenido central

REBIUN - ODA

Detalle del título

Descripción del título

cover As habilidades perceptivas ...
As habilidades perceptivas
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico 2022

Esta unidade didáctica forma parte da materia de motricidade infantil que estudan os futuros mestres e mestras de Educación Infantil na Universidade de Santiago de Compostela, disciplina de carácter obrigatorio, cunha carga lectiva de 6 créditos, que se encaixa no terceiro curso do grao. Dentro dos contidos que traballan os estudantes, as capacidades perceptivo-motrices, dentro da actuación pedagóxica global que caracteriza a etapa de Educación Infantil, constitúen a base para o desenvolvemento de posteriores habilidades, como poden ser as habilidades motrices básicas, que non deixan de ser os movementos máis simples que o neno realiza nos primeiros anos de vida. Tal e como o expresan Gil, Contreras e Gómez (2008, p. 78), as capacidades perceptivo-motrices organizan o movemento en base á 'percepción do propio corpo; a percepción espacial como a situación, a dirección ou a orientación; a percepción temporal como a duración ou o ritmo; o coñecemento da contorna física e desenvolvemento no medio social. O corpo solicitado polos factores perceptivo-motores é o corpo consciente, vinculado á motricidade voluntaria, á representación mental; un corpo comprometido en pensar, en decidir, en actuar; un corpo que é o dun ser ávido de coñecer. A percepción é un proceso cognitivo moi valorado dende sempre na institución escolar, xa que un dos aspectos fundamentais da percepción é a significación. A percepción implica interpretar a información e construír obxectos dotados de significación. Trátase de retomar os propios coñecementos, operar sobre eles construíndo novas aprendizaxes e saber expresalas'

Ciencias Sociais e Xurídicas Ciencias Sociales y Jurídicas educación infantil habilidades motrices motricidade Social Sciences and Law unidade didáctica

Monografía

Más detalles del título

Cambiar el formato de visualización

Más detalles

Título:
As habilidades perceptivas / José Eugenio Rodríguez Fernández
Editorial:
Santiago de Compostela : Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2022
Mención de serie:
Unidades didácticas
ISBN:
9788419155184

Préstamo interbibliotecario

Seleccione el centro al que pertenece para solicitar la petición de préstamo de este documento.

Filtrar listado de centros

No hay coincidencias

Relacionados

Mismo Género

Misma Editorial y Colección